Bo día nenos e nenas!
Comezamos coas actividades que imos a facer durante estes días na casa. Recordade que non son obrigatorias, pero no caso de facelas e se vos animades, podedes documentar o proceso e o resultado mediante fotografías e envialas ao correo da aula (auladosbombons@gmail.com). Estaremos encantadas de ver as vosas producións!
Para o día de hoxe tedes dous retos por diante:
Reto nº1: CHEGA O ENTROIDO
Xa que está preto o entroido, durante estes días debedes elaborar unha máscara ou anteface para decorar a aula o día que volvamos. Podedes utilizar o material que queirades e intentade ser o máis orixinais posibles!
Reto nº2: MEDIMOS O NOSO CORPO
Acordádesvos da actividade de medir que temos no recuncho de matemáticas?
Pois propoñémosvos o seguinte: debedes medir a vosa altura e tamén a das persoas que estean con vós. Non vos preocupedes se non tedes cinta métrica como a da clase, podedes utilizar outro tipo de medidas como por exemplo: pés, brazas, palmos... Anotade os resultados e facede comparacións, ordenándoos de maior a menor e viceversa. Tamén podedes medir diferentes partes do corpo e comparalas coas das demais persoas.
Recordade que se queredes compartir os resultados con nós estaremos encantadas!
MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!