viernes, 23 de octubre de 2020

MANDALAS DE OUTONO

Seguimos traballando sobre o outono, e hoxe trouxemos unha nova proposta que foi un éxito! MANDALAS DE OUTONO

Despois de explicarlles o que era un mandala e as súas características máis representativas como a forma redonda e a repeteción de formas e figuras, por parexas (elexidas libremente) tiñan que facer a súa propia composición artística empregando elementos típicos de outono! 

Nós proporcionamos o molde, un aro, o resto, creatividade en estado puro! 

















miércoles, 21 de octubre de 2020

PARABÉNS CARLOTA

O pasado 20 de outubro foi o aniversario de Carlota. Despois de facer o libriño de debuxos e a súa coroa, festexamos esta data tan especial para todos nós. Mirade as cariñas dos compis, absoluta felicidade. 


 
 

PARABÉNS CARLOTA,  MOITOS BICOS DE TODOS NÓS

viernes, 16 de octubre de 2020

EXPERIMENTAMOS CO OUTONO

Para esta actividade solicitamos a colaboración das famlias, achegando na medida do posible cousiñas de outono como follas, froitos, ramas... Unha vez tiñamos o material, collimos varias bolsas (sen saber o que había dentro) e botámolas enriba da mesa! Quedaron abraiados con todo o que alí había! 






 

Vimos que había follas de moitas cores, con formas e tamaños diferentes, que había piñas grandes, medianas e pequenas, ourizos con castañas dentro, bellotas, abelás, noces... e antes de investigar decidimos clasificar as follas xuntando as que máis se parecen, facer un montonciño de ramas, e pór nunha bandexa os froitos... e este é o resultado



jueves, 15 de octubre de 2020

PARABÉNS SARA

 O pasado 12 de outubro, a nosa compañeira Sara fixo 5 aniños. Despois de facerlle o seu libriño de debuxos, ensinounos un xoguetiño que trouxo da casa e quixo compartir cos seus compis. Rematamos a xornada xogando ás estatuas musicais, un xogo que lles encanta.



 
PARABÉNS SARIÑA, MOITOS BIQUIÑOS

jueves, 1 de octubre de 2020

ANIVERSARIOS DO CONFINAMENTO

Na última semana de setembro celebramos todos os aniversarios dos nenos e nenas que non puideron soprar a veliña cos seus compis durante o tempo que estivemos na casiña. O certo é que despois de tantos meses confinados, tiñamos moitas ganas de festexar, de bailar e de pasalo ben. Nestes días celebramos os aniversarios de MARIANA, LOIS, CATALINA, DAVID, XOEL e CHLOE. O primeiriño que fixemos foi crear a nosa coroa.





Logo sopramos a veliña, xogamos ás estatuas musicais e entregamos os libriños de debuxos como agasallo. Velaí tedes as fotos dos protagonistas, e mirade que cariñas de felicidade!

MARIANA (16 MARZO 2020) 


 
LOIS (11 ABRIL 2020)
 


CATALINA (19 ABRIL 2020)
 

 
DAVID (29 MAIO 2020)
 

XOEL (4 XUÑO 2020)
 
 
 
CHLOE (3 AGOSTO 2020)