martes, 29 de septiembre de 2020

CALENDARIO DE ANIVERSARIOS

Este curso os bombóns de 6º A tiñan moita curiosidade por saber o día exacto no que os seus compis celebraban o seu aniversario, circunstancia que aproveitamos para traballar os meses do ano. Decidimos facer unha guirnalda que puidésemos colocar nun lugar visible para toda a aula. Entre todos pintamos cada un dos meses do ano, empregando pezas de construcción e témperas de cores.



Logo recortamos, plastificamos, e este foi o resultado! 



domingo, 27 de septiembre de 2020

PARABÉNS SANTI

O 25 de setembro celebramos o aniversario de Santi. Foi un día moi especial e estaba moi emocionado, pois sabía que nuns días chegaría a este mundo a súa irmanciña Lúa. Coma en tódolos aniversarios, fixemos o libriño de debuxos, cantamos e bailamos.


PARABÉNS SANTI




miércoles, 23 de septiembre de 2020

PARABÉNS SOPHÍA

O pasado 22 de setembro, foi o aniversario de Sophía. Ese día estaba moi emocionada, e como non podía ser doutro xeito, celebramos os seus 5 aniños cunha festa na que bailamos e cantamos. 




 
PARABÉNS SOPHÍA
 

martes, 22 de septiembre de 2020

A CHEGADA DO OUTONO

O 22 de setembro comezaba unha nova estación, o outono. Sabemos que no outono a veces chove, fai vento e algunhas folliñas das árbores caen, mentres que outras non... sabemos que hai froitos que propios de esta época do ano... Pero temos todo o trimestre para seguir aprendendo e investigando! Deixamos aquí unha canción de outono que nos gusta moito! 






lunes, 21 de septiembre de 2020

TARTA DE ANIVERSARIO

Os primeiros días fixemos unha tarta de porexpan coa que celebraremos os nosos aniversarios neste curso! Cada equipo encargouse de pintar un piso deste pastel empregando témperas de cores vivos, esponxas e pinceis. 




Ao rematar botamos purpurina e deixamos secar. Logo coa axuda da profe montamos a tarta, puxemos uns pompóns, a vela do número 5, e xa a temos lista para festexar! 


 

 

jueves, 17 de septiembre de 2020

BENVID@S BOMBÓNS

Despois de tanto tempo na casiña, por fin chegou o día que todos estábamos esperando, A VOLTA AO COLE.

O primeiro día, a nosa aula convirteuse nun espazo cheo de emocións e sensacións moi distintas. Había moitos nervios, ilusión, curiosidade... un pouquiño de todo. Foi un reencontro moi especial, aínda que sen dúbida, o máis importante é que estamos xunt@s  e TODO SAIU BEN!

Por iso ocurréusenos que a mellor maneira de darlle a benvida a este novo curso, sería debuxando o arco da vella que estivo presente nas fiestras dos nosos fogares durante o confinamento.

Esperamos que vos guste!