viernes, 23 de abril de 2021

23/04/2021 - Día do Libro


 Boas a tod@s!!! Deixovos unha pequena actividade que fixemos cos cativos para conmemorar o Día do Libro!!! Aproveitade para ler moito!!!

jueves, 11 de febrero de 2021

12 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenas e nenos! 

Reto do día: RECEITA DE ENTROIDO

Para rematar a semana traémosvos un reto moi doce! 

Debedes buscar algunha receita de cociña de entroido e apuntar os ingredientes coas súas cantidades. E por suposto, se vos animades durante esta ponte de entroido podedes elaborala coa axuda das vosas familias.

Aquí vos deixamos algunhas ideas. Se o facedes, acordádevos de compartilo con nós!

QUE VOS APROVEITE!


Orellas


Filloas


Rosquillas


DESFRUTADE MOITO DESTE ENTROIDO! VÉMONOS Á VOLTA!

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!

miércoles, 10 de febrero de 2021

11 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenos e nenas!

Reto do día: SOPA DE ENTROIDO

Nesta sopa de letras deberedes atopar diferentes palabras relacionadas co entroido. Fixádevos ben porque están agochadas en sentido vertical e tamén horizontal. Seredes capaces de atopalas todas? Esperamos a vosas respostas!

Pinchade na foto para descargar o documento.

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO! 


martes, 9 de febrero de 2021

10 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenas e nenos!

Reto nº1: COMPOSICIÓN ARTÍSTICA

Nesta actividade debedes elaborar unha composición artística con materiais reciclados. Pode ser un collage como os que facemos na clase, unha escultura... Podedes utilizar os materiais que queirades sempre e cando sexan reciclados. 
Deixade voar a imaxinación e mans á obra!




Reto nº2: A FAMILIA DAS DECENAS

Seguimos completando as casiñas de cada familia de números, igual que as que temos na aula.
Pinchade nos enlaces directos para realizar a tarefa. Se non van, copiade e pegade a dirección no navegador.



https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/matematicas/Calculo_abn/Casa_del_40_rf259923nm


https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Calculo_abn/Casa_del_50_om260252ze


https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Calculo_abn/Casa_del_60_eq260589qq

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!

lunes, 8 de febrero de 2021

9 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenos e nenas!

Reto: TRES EN RAIA

O reto de hoxe consiste no xogo do tres en raia. Coñecédelo? Resulta un xogo de estratexia, no que se traballa a concentración e axuda a desenvolver destrezas relacionadas coa lóxica. 

Se non o tedes na casa podedes facelo con material reciclado, un exemplo sería o tableiro de cartón e tapóns de dúas cores para as fichas (tres de cada cor).
Animádesvos a xogar? A continuación deixámosvos as regras do xogo, esperamos que vos guste!


Se vos animades, acordádevos de compartir a experiencia con nós a través do correo da aula.

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!

domingo, 7 de febrero de 2021

8 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenos e nenas!

Comezamos a semana con dous retos moi sinxelos:

Reto nº1: O ACRÓSTICO DO NOSO NOME

Partindo do voso nome, deberedes elaborar un acróstico. Para realizalo debedes escribir o voso nome en vertical e buscar palabras que comecen polas mesmas letras que o voso nome, de tal xeito que a cada letra lle asignedes unha palabra diferente. Se non se vos ocorren palabras, buscade entre os obxectos que tedes pola casa que seguro que hai algúns que vos poder valer.

Déixovos a modo de exemplo un feito co meu nome:


Se vos animades podedes facer o mesmo co nome dos demais membros da vosa familia.

Reto nº 2: PASATEMPOS DE ENTROIDO

A continuación podedes atopar uns pasatempos relacionados co entroido. 

Crebacabezas

https://view.genial.ly/600da7554ba1bd0d09037b23/interactive-content-tipos-de-puzzles 

Xogo de memoria

https://view.genial.ly/600d9f89ae03310d0c24f77c/interactive-content-memory-carnestoltes 

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!

jueves, 4 de febrero de 2021

5 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenos e nenas!

Hoxe para rematar a semana propoñémosvos que vos convertades en científicos!

Reto do día: EXPERIMENTO DE FLOTACIÓN

Para realizar esta actividade só necesitades unha cubeta con auga e uns cantos obxectos que teñades pola casa. Ide introducindo de un en un cada obxecto na cubeta para comprobar se flota ou non. 
Sabedes a que pode ser debido que uns floten e outros non? Pensádeo ben e intentade sacar conclusións.

Se vos animades, podedes gravar un vídeo ou escribir un correo onde expliquedes as conclusións ás que chegastes despois de realizar o experimento.

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!
BOA FINDE!

miércoles, 3 de febrero de 2021

4 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nen@s!

Vamos cos retos do día de hoxe:

Reto nº1: SOPA DE LETRAS
A continuación deixámosvos unha sopa de letras onde están escondidos os nomes de toda a clase. Fixádevos ben para poder atopalos todos!
Aquí tedes o documento para poder descargalo




Reto nº2: REPRESENTACIÓN DE NÚMEROS

Coa axuda de palillos, debedes representar os seguintes números: 
3,7,9,12,15

Fixádevos ben en como se representan, pois mañá venres durante a videoconferencia imos facer esta actividade.
Recordade que tedes dúas opcións para conectarvos : ás 12:00h e ás 18:00h. Será a través do enlace envíado por Abalar.

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!
VÉMONOS MAÑÁ!

3 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenos e nenas!

Reto do día: XOGO DE CARTAS

Hoxe traemos un xogo seguro que moi coñecido por algún membro da vosa familia. Trátase do famoso "cinquillo". Animádesvos a xogar? Podedes xogar 2, 3 ou 4 persoas.

Este xogo axúdanos a repasar a recta numérica, a colocar os números en sentido ascendente e descendente e no que se necesita prestar moita atención se queredes gañar a partida!

A continuación deixámosvos as regras para xogar. No caso de que non teñades unha baralla na vosa casa podedes facela vós mesmos de papel. Animádevos!





Cantas máis partidas xoguedes mellor! E recordade compartir con nós algunha foto se vos animades!

Por certo, como vai a elaboración das máscaras e antefaces de entroido?

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!

martes, 2 de febrero de 2021

2 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenas e nenos!

Os retos que tedes por diante para o día de hoxe son:


Reto nº1: Busca de figuras xeométricas



Deberedes buscar entre os obxectos que tedes pola casa diferentes figuras xeométricas escondidas. Unha vez que as atopedes debedes clasificar o obxecto segundo a forma que teña e escribir o nome deste a través da escritura libre, sen precisar axuda. Pensade ben como se escribe cada palabra!
As figuras que debedes buscar son:

3 CÍRCULOS
3 CADRADOS
3 RECTÁNGULOS
3 TRIÁNGULOS


Reto nº 2: A familia das decenas

Nesta actividade debedes completar as casiñas de cada familia de números, igual que as que temos na aula. 
Pinchade nos enlaces directos para realizar a tarefa. Se non van, copiade e pegade a dirección no navegador.


https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Numeraci%C3%B3n/Casa_del_10_en127972nr


https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Numeraci%C3%B3n/Casa_del_20_sr157046fs


https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Calculo_abn/Casa_del_30_qf238592uo 


Recordade compartir con nós as actividades se vos animades!

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!




lunes, 1 de febrero de 2021

1 DE FEBREIRO: PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 Bo día nenos e nenas!

Comezamos coas actividades que imos a facer durante estes días na casa. Recordade que non son obrigatorias, pero no caso de facelas e se vos animades, podedes documentar o proceso e o resultado mediante fotografías e envialas ao correo da aula (auladosbombons@gmail.com). Estaremos encantadas de ver as vosas producións!

Para o día de hoxe tedes dous retos por diante:

Reto nº1: CHEGA O ENTROIDO



Xa que está preto o entroido, durante estes días debedes elaborar unha máscara ou anteface para decorar a aula o día que volvamos. Podedes utilizar o material que queirades e intentade ser o máis orixinais posibles!

Reto nº2: MEDIMOS O NOSO CORPO



Acordádesvos da actividade de medir que temos no recuncho de matemáticas? 

Pois propoñémosvos o seguinte: debedes medir a vosa altura e tamén a das persoas que estean con vós. Non vos preocupedes se non tedes cinta métrica como a da clase, podedes utilizar outro tipo de medidas como por exemplo: pés, brazas, palmos... Anotade os resultados e facede comparacións, ordenándoos de maior a menor e viceversa. Tamén podedes medir diferentes partes do corpo e comparalas coas das demais persoas.

Recordade que se queredes compartir os resultados con nós estaremos encantadas!

MOITOS BICOS E COIDÁDEVOS MOITO!